Mandaime do meu Moscoxo,

O que puiderdes mandar,

Hasta a semente do toxo,

Para aquí eu sementar.


Do toque de nosas campanas,

Quen non se vai lembrar,

O seu son nunha caixiña,

Tamén podedes mandar.

Do ceo do meu Moscoxo,

Mandaime unha estreliña;

Para sempre eu me lembrar,

Da nosa santa terriña.

A xiada das mañáns,

Tamén podedes mandar,

Nas miñas grandes soidades,

Podédela empacotar.

Do carballo do Adro,

Mandaime un ramalliño,

Para que o poida gardar,

Con moito amor e cariño.

Da auga de nosas fontes,

Mandaime unha ferrechiña,

Para que eu poida afogar,

A miña grande morriña.

Das pedras de nosos camiños,

Mandaime unha ben pequeniña,

Para sempre me recordar,

De Moscoxo miña aldeiña.

Se non me mandardes nada,

O mundo esta a xirar,

Cando menos esperedes,

Estarei a vos abrazar