Moscoxo ten moitas fontes

Ten até a fonte santa

Por iso a todas elas

Este poeta lle canta

Costa abaixo e costa arriba

Canta auga de ti carrexei

Con a tua auga Veiga da Porta

Meu primeiro baño tomei

Hoxe a o verte abandonada

Para ti non consegui cantar

Como poden os que de ti beberon

Non pensaren en te conservar

Fontiña, Fonte da Gafa

Canta sede me saciou

E foi con a tua auga

Que o cura me bautizou

De auga casi medicinal

De Moscoxo es a mellor

Como  ti a poucas iguais

Fontiña, Fontana maior

O sr. José Vilán

Foi o primeiro a te analizar

Tua auga cristalina

Axudouno a curar

Canto a Fonte da Viña

A de dentro e a de fora

Para o gurgullon de San Gomez

E canto para a Fonte da Lorea

Canto para a de Valdacavada

Fonte Ferreiro e Lameiro

Canto para a dos Borraxeiros

E tamém para a de Adeiteiro

Canto para a Fonte das Berxas

Escarabete e Seixiña

Canto para a Fonte do Pozo

Que tamén pertence a Viña

Canto para a dos Vidueiros

E tamén para a do Campo da Feira

Canto para a Fonte de Baixo

E tamen para a da Lameira

Canto para a Fonte Santa

Que tuas augas milagres realizavan

As mulheres fazian e acontecian

E dispois non se lembravan

Dispois de beber e namorar

Vexan no que foi dar

Comezaron a engravidar

A tua auga Fonte Santa

As culpas acabou por levar

Canto para as Fontes Francisco

E tamén as Fontes das Moutas

Bolsobreira e Xán Pequeno

E canto para todas as outras

Canto para a Fonte das Pozas

Fonte de Riba e do Foxo

Cantando para todas vós

Eu canto para o noso Moscoxo

Coidemos de nosas fontes

Non as devemos abandonar

Pois amañan nosos netos

Poden delas precisar

Vamos pedir ao sr. Alcalde

E tamén aos concelleiros

Que cuiden ben de nosas fontes

Camiños, rios, moiños e seus caleiros