Despois de rallar o sol

estas campanas de Calvos

tocaban sinais gloriosos.

 Chamaban á humanidade

acómpañade á Santana

que marcha para Moscoxo.

A Santana e San Xoaquín

camiñan tamén felices

con ese tocar fermoso

e así que chegan ó monte

xa tocan as de Moscoxo.

Tamén o monte está feliz:

o carrasco está florecendo

os toxos están cargadiños

de churumigos dourados;

coa Santana no medio

parece o ceo estrelado.

Eu quería ser o monte

que a Santana me pisara;

como os carrascos e os toxos

quería bicar os pes

de quen as trae a Moscoxo.

Cóllena nos seus ombreiros,

camiños, costas e montes;

pra eles non hai reparos;

ven visitar ós Remedios

un aplauso para Calvos.

A Santana, San Xoaquín,

dulce nome de María

coa Virxe dos Remedios

pedide a Xesús por nós,

que nunca falte o amor

e a paz para o mundo enteiro.

María do Malvares