Sentadiño nunha pedra

A pensar na miña avóa

O que ela di é certo

O máis grande destas festas

A xuntanza no cruceiro

Da Santana e os Remedios.

A Santana xa chegou

E San Xoaquín ven con ela

Ven visita-la súa filla

Mandada polo Pai Eterno

Son os avós de Xesús

Son os pais de María.

María tamén está aquí

A recibilos a todos

Cos seus braciños abertos

E Xesús está no ceo

Mandando felicidades

Nestas festas dos Remedios.

Este cruceiro de pedra

Sempre está á nosa espera

El tamén quere falar,

Pero nós non lle deixamos

A alma chea de amor

Os ollos a bagoar.

Calvos bagoa con nós

Non o podemos remediar

Algo que levamos dentro

Pasan os anos e os séculos

Nunca falta a Santana

Nestas festas dos Remedios.

María do Malvares